ConcellosÚltima hora

280.000 euros para mellorar a capacidade de desaugue do Regueiro de Forcadela (O Barco)

A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil aportará o 70% do investimento e o Concello do Barco o 30% restante

O alcalde do Barco na sinatura do convenio co presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

 

“Estamos ante unha actuación moi demandada polos veciños que ven como as súas fincas e incluso os sótanos e baixos das súas viviendas resultan afectados por desbordamientos recurrentes”. Desta maneira se refería o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, ao proxecto “Mellora da capacidade de desaugüe e recuperación do dominio público hidráulico no Regueiro de Forcadela, no Barco de Valdeorras (Ourense)”, a través do que se demolerá a estrutura que cobre o tramo de cauce, que actualmente discorre tapado, e se procederá á súa restauración como tramo a ceo aberto.

Na mañá deste 14 de maio o presidente da CHMS e o alcalde de O Barco de Valdeorras (Ourense), Alfredo García, asinaban un convenio de colaboración para levar a cabo as obras contempladas no citado proxecto.

Asimesmo, farase unha obra de paso sobre o arroio nese mesmo punto para dar continuidade ao tráfico rodado e acceso ao lavadero. Estas actuacións completaranse cunha limpeza do cauce e das marxes do tramo do arroio situado inmediatamente augas abaixo deste punto.

Dende a CHMS e dende o Concello barquense lémbrase a problemática desa zona de intervención, inciando que “o Regueiro de Forcadela, cunha conca de 4,72 km2, conflúe no arroio Cigüeño, afluínte do Sil pola súa marxe dereita, no Barco de Valdeorras (Ourense). Antes de entrar no núcleo urbano do Barco, este cauce está canalizado nun tramo duns 50 metros que discorre por unha obra de paso inferior da estrada N-120”.

Ademais, na saída deste paso inferior a canalización dá un quebro brusco á esquerda para continuar en condución enterrada durante uns 40 m máis. Este quebro supón “un obstáculo á corrente e produce desbordamentos do canal cara o vial da obra de paso inferior que despois desauga cara a Travesía de Veigadecabo, afectando as propiedades colindantes e nalgúns casos a vivendas ocupadas”.

A isto pretende darlle solución esta intervención. A CHMS será a encargada da redacción do proxecto, así como da licitación, adxudicación e xestión dos contratos da obra, servizos e doutros necesarios para a execución das actuacións incluídas no convenio. Pola súa banda, o Concello do Barco asumirá a explotación, mantemento e conservación das obras realizadas, “unha vez tramitado o oportuno expediente de mutación demanial, ao amparo do disposto na Lei 33/2003, de Patrimonio de las Administraciones Públicas”.

Este proxecto suporá un investimento duns 280.000 euros, do cal un 70%, é dicir, 196.000 euros serán aportados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, mentres que o Concello do Barco asumirá o 30% restante, un importe de 84.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button