EconomíaEconomíaOurenseÚltima horaViticultura

283 expositores e 12 países representados na 20 edición de Xantar

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico abrirá as portas mañá, 6 de febreiro, en Expourense

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, celebra este ano o 20 aniversario, cun programa de actividades no que, á tradicional e estreita cooperación transfronteiriza con Portugal, se une a cooperación iberoamericana. Expourense convertira así entre o 6 e o 10 de febreiro, no epicentro doturismo enogastronómico reuniendo 283 expositores (cifra lixeramente superior á edición anterior) e con 12 países representados (España, Portugal, Brasil, Panamá, Costa Rica, México, Italia, Perú, Colombia, Cuba, Argentina e Nicaragua).

A edición máis internacional de Xantar era presentada na mañá do 4 de febreiro en Expourense nun acto no que participaron o alcalde de Ourense e vicepresidente executivo de Expourense, Jesús Vázquez; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; o vicepresidente da Diputación de Ourense e presidente do INORDE, Rosendo Fernández; e o director xerente de Expourense e director de Xantar, Alejandro Rubín. Todos coincidiron en destacar a traxectoria deste salón e o seu papel na promoción internacional de Galicia como destino enogastronómico.

A inauguración será mañá 6 de de febreiro ás 12:30h. e o programa incluirá tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, entre elas unha do Chanfainas (O Barco de Valdeorras), ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no Encontro Internacional sobre Gastronomía Sostible e Saudable. Para dar cabida a todas as actividades contarase con tres aulas gastronómicas nas que participarán recoñecidos chefs procedentes de 8 países e tamén da Asociación “Cociña Ourense” creada recentemente; unha de catas; e o Túnel do Viño. No programa de degustacións está incluída a de Bica de Castro Caldelas no stand do Concello; a de Viño, Embutidos, Bica e Mel no stand do Concello da Pobra de Trives; e a de Botelo do Barco na área de degustación; entre outras.

A programación completa pódese consultar na web http://www.xantar.org

 

Artigos relacionados

Back to top button