OurenseÚltima hora

2ª Feira da Cervexa Artesá, do 19 ao 21 de setembro en Ourense

O recinto feiral instalarase na Alameda e acollerá ao redor de 50 marcas de elaboradores, principalmente, galegos
Un dos cervexeiros da pasada edición./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos cervexeiros da pasada edición./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ao longo de tres días nesta cidade será posible descubrir, desfrutar e comparar os matices, aromas e sabores de ata 50 tipos diferentes de cervexas elaboradas de forma artesanal na provincia e noutras zonas de Galicia. Será do 19 ao 21 de setembro, con motivo da segunda edición da Feira da Cervexa Artesá Galega de Ourense. Estará instalada na avenida de Pontevedra (Alameda) cun horario de 12h. a 00h.

Na mostra poderán visitarse os postos dunha ducia de cervexeiros galegos. Así estarán presentes Cervexa Áncora (Ourense), Cervexa Menduíña (Pontevedra, Cangas), Cervexa A Dama Alaricana (Ourense, Allariz), Cervexa Trisk-Ale (Pontevedra, Nigrán), Cervexa Aurium (Ourense), Cervexa Saramagal (Pontevedra,Barro) , Cervexa Santo Cristo (Ourense), Cervexa KELTIUS (Ourense), Cervexa Deep Taste (Ourense), Cervexa O Afiador (Ourense) e Cervexa Nós (Vigo, Mós).

“Todo o mundo que venda cervexa neste evento será o fabricante desa cervexa”, explican dende a Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, organizadora deste evento en colaboración con Áncora Bros Brewery. No recinto feiral haberá tamén un stand de maridaxe.

Ademais de poder degustar unha gran variedade de cervexas artesás, o programa da mostra inclúe outro tipo de propostas como concertos, concursos, charlas divulgativas sobre esta bebida, a presentación dunha nova marca de cervexa da cidade ou accións formativas. O recinto feiral estará tamén animado por varios concertos: o venres ás 20:30 horas actuará o cantautor ourensán “Yomelo Montosolo” e ás 22:30 h. o grupo de versións dos 60,70 e 90 “ The Covers Band”. Asemade o sábado haberá un concerto “Thetetas Van” (ás 22h.) e o domingo outro do grupo de versións vigués “Blue Monk” ás 23h.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button