ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

2ª Pulpada nas Piscinas de Vilamartín de Valdeorras, este Venres Santo

O 14 de abril ás 14 horas celebrarase esta cita gastronómica amenidaza por un trío musical

Despois do éxito da primeira edición que xuntou a un cento de persoas, o restaurante das Piscinas de Vilamartín de Valdeorras volverá acoller unha gran Pulpada.

Será este venres, 14 de abril, a partires das dúas da tarde e o menú que poderá degustarse está formado por empanada de bonito, pulpo con patacas, pan, bebida, postre e café. As entradas custan 15 euros e están á venda na Oficina Seindra (Manuel Quiroga, 70 do Barco), no Bravo Lux (A Rúa), en El Castillo (Vilamartín) e no Vinum (O Barco). Tal como adiantan dende a organización, só se poderá acceder con entrada anticipada e reservas feitas no teléfono683 42 67 39.

Unha vez máis o pulpo estará preparado pola pulpeira “Lula”, e tralo xantar,  partires das seis da tarde, haberá baile amenizado polo trío Rumba Fusión.

Na galería de imaxes podemos ver algúns dos asistentes á pasada edición da pulpada nas Piscinas de Vilamartín de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button