OurenseÚltima hora

3 alumnos de Franciscanas de Ourense, finalistas galegos no concurso “Que é un Rei para ti”

 

O alumnado do colexio Franciscanas de Ourense vén de conseguir un novo recoñecemento. Desta volta no 40º concurso escolar “Que é un Rei para ti” no que lograba tres finalistas autonómicos: Noa Codeso Pacios, Iago Muñoz Fernández e Carlos Pérez Fernández, de 1º da ESO.

Coordinados polos profesores Andrea Sabucedo e Lalo Sánchez, os finalistas galegos realizaron uns traballos sobre a figura da S.M. o Rei e o papel da Coroa na estrutura do Estado así como a figura da SAR a Princesa de Asturias como garante da continuidade institucional.

 

Semana Escolar das Letras Galegas

 

 

No día en que se daban a coñecer aos tres finalistas do concurso escolar sobre a figura do Rei, en Franciscanas de Ourense comezaba a 7ª Semana Escolar das Letras Galegas, cun libro editado pola Deputación titulado Ao redor da xeración Nós.

Tal como explican dende o colexio, o obxectivo é “celebrar o Día das Letras Galegas e conmemorar a xeración Nós, dun xeito didáctico ao tempo que damos difusión da nosa cultura e historia”.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button