DeportesGalerías de fotosÚltima hora

3 ouros para a atleta Xiana Pungín (Adas) no campionato de España de promesas paralímpicas

Subía ao alto do podio en 60m, 1000m e salto de lonxitude proclamándose mellor deportista da súa categoría

Preto de 170 deportistas participaban no campionato de España Liberty Seguros de promesas paralímpicas de atletismo, celebrado a fin de semana do 3 e 4 de febreiro na Pista de Atletismo de Torrent, Valencia.

Un gran campionato no que a atleta ourensá do Club Adas Proinor O Barco, Xiana Pungín Estévez, proclamábase campiona nas tres probas nas que participou en sub 12: 60m, 1000m e salto de lonxitude. Uns resultados que non só lle valeron para facerse coas tres medallas de ouro senón tamén co trofeo á mellor atleta da súa categoría.

 

Xiana Pungín co atleta monfortino Jairo Salgueiro.

Xiana acudía a esta competición moi ben acompañada xa que o seu irmán Xoel tamén participou como atleta convidado na categoría “open”. Tal como explica o seu pai, aínda que non optaba a medallas nin premios “conseguiu marcar os mellores rexistros nas probas ás que se presentou dentro da categoría sub 10 (50m e 500m)”.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deporivo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button