A RúaConcellosO BarcoQuirogaÚltima horaVilamartín

3 positivos de Covid nos centros educativos de Valdeorras e 1 nos de Quiroga

 

Coa volta ás aulas despois das vacacións do Nadal, que se producía o 8 de xaneiro, os centros educativos de Valdeorras volven rexistrar casos activos de coronavirus. Así, segundo o listado emitido esta mañá pola Xunta de Galicia, o Colexio Pablo VI da Rúa ten 1 positivo, o IES Martaguisela do Barco 1 positivo e o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín 1 positivo.

En total nos centros da provincia hai un total de 109 casos de coronavirus e 2 aulas pechadas. Boa parte dos positivos concéntranse na cidade de Ourense.

Ademais, no caso do veciño concello de Quiroga tamén se rexistra 1 positivo no IES de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button