DeportesGalerías de fotosÚltima hora

3 puntos máis para o Tres Cuñados FS nun intenso partido contra o FS Zamora

Os goles de Cristian e Dilín deron a vitoria ao conxunto valdeorrés en Calabagueiros

Custou, e a tensión mantívose ata o último segundo do encontro pero, finalmente, o Tres Cuñados FS facía valer a vantaxe e ganaba ao FS Zamora por 2 goles a 1.

O partido, correspondente á cuarta xornada da liga nacional B, arrancaba ás seis da tarde do 14 de outubro no pavillón municipal de Calabagueiros do Barco, diante de numeroso público. Eran os zamoranos os que daban os primeiros compases atacando sen tregua a portería local, pero non estiveron acertados e foron os valdeorreses os que se adiantaroan no marcador grazas ao gol de Cristian. Os visitantes non tardaron en empatar e o colexiado pitaba o final da primeira parte do 1-1 no luminoso.

Xa na segunda metade, a intensidade do xogo dos rapaces de Xocas Miranda foi en aumento ata que Dilín lograba o segundo tanto. A partires de aí, os do Zamora tamén intensificaron os ataques, botando man da estratexia porteiro-xogador, na procura do gol do empate. Os últimos dous minutos mantiveron ao público en vilo, pero finalmente cumpríase o tempo de xogo e o marcador non se moveu.

Con este resultado, o Tres Cuñados FS suma a segunda vitoria da tempada e tres puntos máis que o manteñen na zona media da clasificación. O seguinte partido será en Valladolid.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button