ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

30 aniversario do Valedor do Pobo

O valdeorrés José Julio Fernández ocupa este cargo dende maio de 2012 Dende o Valedor do Pobo de Galicia seguirase loitando “por defender os dereitos constitucionais e estatutarios dos galegos”. Así o aseguraba no 30 aniversario da creación desta figura o valdeorrés José Julio Fernández, que ocupa o cargo de Valedor do Pobo dende maio de 2012. A súa intervención, na que fixo balance do labor desenvolvido no 2013 (no que se tramitaron ata 18.887 expedientes) e expuso os retos que ten por diante esta institución, clausuraba unha celebración desenvolvida no Salón de Reis do Parlamento de Galicia coa presenza de numerosas autoridades e representantes da política, da sociedade e da cultura galega, entre eles outros valedores do pobo de España e Portugal.

Anteriormente tomaba a palabra o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen resaltaba a relevancia da figura do Valedor do Pobo, da que xa os redactores “do noso Estatuto de Autonomía e os deputados galegos da primeira lexislatura, tomaron” a súa lexislación “como unha prioridade, sendo un dos primeiros piares da construción da Galicia autonómica”. Tamén se referíu á imparcialidade na defensa das queixas que os cidadáns lle trasladan, “sendo a voz independente ante os representantes públicos das verdades e dos datos que resultan da interlocución directa con todos os cidadáns”.

Tamén estivo presente nesta conmemoración o delegado permanente adxunto de España ante a Unesco, José Antonio Ory, quen recoñeceu asemade o labor desenvolvido dende o Valedor do Pobo e adicaba a súa intervención á defensa da cultura nunha sociedade como a actual.

Ademais nesta celebración proxectáronse vídeos sobre a historia do Valedor e as persoas que o encarnaron, dende o primeiro, José Cora, en 1990, ata a actualidade e tamén se procedeu a lectura, por parte dunhas nenas, de artigos da lei pola que se creou esta institución. O acto pechábase cunha actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Fotos: Carlos G. Hervella

(Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button