DeportesÚltima hora

Ata 30 medallas para o CN Escualos no campionato galego máster

A nivel club, os ourensáns lograban o noveno posto con 478 puntos

Nun meritorio noveno posto remataba o Club Natación Escualos a súa participación no campionato galego máster celebrado esta fin de semana no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra, no que participaron 28 clubs de toda a comunidade autónoma.

O campion foi o C. Traviesas Nat. con 1.091 puntos, seguido de CN Portamiña Lugo con 959 e CN Rías Baixas con 823. O Club ourensán que participaba con 25 nadadores, era noveno con 478 puntos sumando ademais 30 medallas. Entre elas seis ouros en diferentes categorías: 3 de Marta Mira (en 200 libre, 50 braza e 100 braza); 1 de Natalia Rivas, 1 de Hugo Nogueira e 1 Jesús Quintas.

No campionato participaron outros dous clubs ourensáns. O Pabellón Ourense era 5º con 733 puntos e o Adas 17º con 173.

Fotos: CN Escualos.

Artigos relacionados

Back to top button