En portadaGalerías de fotosOurense

30 millóns de euros para impulsar o crédito na provincia

A Deputación de Ourense e Abanca asinan un convenio de colaboración para apoiar iniciativa orientadas ao desenvolvemento económico e social

O Mosteiro de Oseira acollía na tarde do 21 de xullo a sinatura do “Plan Activamos/Transforma Ourense”. Trátase dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e Abanca por medio do cal a entidade financeira destinará 30 millóns de euros para o financiamento de iniciativas enfocadas ao desenvolvemento económico e social da provincia de Ourense.

Na acto da rúbrica do convenio interviñeron Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, e Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense. O acto contou tamén coa presenza do vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, e de persoeiros dos ámbitos institucional, social e cultural.

A actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación nun dos claustros do mosteiro pechaba o acto.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button