CulturaCulturaÚltima hora

30 persoas formaranse como monitores Starlight na Veiga

Participarán nun curso promovido polo este Concello e pola Funtación Starlight
Cartaz do I Curso de Monitores Starlight Trevinca.
Cartaz do I Curso de Monitores Starlight Trevinca.

Ao longo de seis días, do 28 de setembro ao 3 de outubro, unhas 30 persoas asistirán ao I Curso de Monitores Starlight Trevinca, que se impartirá na Biblioteca e Centro TIC da Veiga. O temario desta acción formativa será impartido por catro ponentes especializados na materia e nel abordaranse cuestións como a historia da astronomía, o astroturismo, a orixe do universo e cosmoloxía, o sistema solar, etc. Haberá asemade unha parte práctica que se desenvolverá na zona certificada pola Fundación Starlight.

Tras completar o curso, os participantes recibirán un diploma de monitor astronómico Starlight expedido pola Fundación Starlight. “De cara a enfocar a recente certificación de Trevinca como Destino Turístico Starlight, como unha posible saída laboral para persoas desempregadas ou ben como un complemento á actividade principal, o Concello da Veiga organiza xunto coa Fundación Starlight este primeiro curso”, sinala o alcalde veigués, Juan Anta.

O custo deste curso é de 600 euros para o público en xeral. Pero “co fin de favorecer a prestación dun servizo de calidade e especializado, para os titulares dos establecementos hoteleiros e de restauración do concello da Veiga ten carácter gratuíto”, matiza Juan Anta.

Artigos relacionados

Back to top button