CulturaCulturaEconomíaEconomíaEducaciónÚltima horaViticultura

30 persoas formaranse en Técnicas de Cultivo en Viticultura e Plantación de Viñedo, na UNED Valdeorras (A Rúa)

A duración do curso é de 24 horas presenciais e desenvolverase do 23 de novembro ao 11 de maio de 2019
Santiago Pérez e Ricardo Dobao serán os ponentes do curso.

Este venres, 23 de novembro, comena na Aula da UNED na Rúa, o II Curso de Técnicas de Cultivo en Viticultura e Plantación de Viñedo que terá unha duración de 24 horas presenciais (venres e sábados) e estenderase ata o 11 de maio de 2019.

Un total de 30 persoas (cupo compreto), asistirán a este curso que desenvolve coñecementos básicos para o coidado doviñedo e os aspectos máis importantes do cultivo da vide. O programa divídese en bloques temáticos que tratan diversos aspectos técnicos incluíndo os adicados á estrutura e funcionamento da vide, material vexetal máis empreado (variedades e patróns), fertilización e rego, establecemento do viñedo, manexo do solo, sistemas de conducióne poda e control fitosanitario.

Os ponentes do curso serán os enxeñeiros agrícolas, Ricardo Dobao Macía e Enrique Santiago Pérez Espiño.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button