Ourense

Destinan case 300.000 euros ao arranxo de seis viais rurais de Ourense

O investimento é froito da cooperación entre o Concello e a Consellería de Medio Rural
A conselleira, o alcalde e a delegada territorial (na parte dereita da imaxe), onte, visitando os camiños que se someterán ás actuacións de mellora.
A conselleira, o alcalde e a delegada territorial (na parte dereita da imaxe), onte, visitando os camiños que se someterán ás actuacións de mellora.

Un montante cercano aos 300.000 euros. Esa é a próxima inversión que destinarán as administracións públicas para mellorar seis camiños rurais en Ourense. O investimento é froito da cooperación entre o Concello e a Consellería de Medio Rural. Así, a titular do departamento autonómico, Ángeles Vázquez, visitou onte algúns dos puntos que se someterán a estas actuacións na compaña do alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e a delegada territorial da Xunta na provincia, Marisol Díaz Mouteira.

Segundo se explicou, o Concello solicitou a mellora da plataforma existente que une o núcleo de Fechos coa OU-0522, que dá acceso á parroquia de Santa Cruz de Arrabaldo. Este proxecto está valorado en 60.000 euros.

Tamén se van realizar arranxos no camiño de A Burata a Vilariño, na parroquia de Castro de Beiro, algo que suporá un investimento de 38.500 euros.

Outra das actuacións que se levarán a cabo será na rúa da Amizade, tras o polígono de As Coiñás, que consistirá en mellorar sobre todo o firme, con limpeza e desbroces de cuentas. Isto custará 60.000 euros.

A cuarta actuación levarase a cabo no camiño do Espeto -na zona alta da Farixa-, cun firme deficiente. Neste punto incluirase  a mellora do drenaxe e a sinalización vial. O seu investimento será de 59.800 euros.

A engadir a estas obras, tamén cabe reseñar os investimentos previstos no Plan Marco de camiños, que aportará outros 63.949 euros ao Concello de Ourense. 35,869 euros irán a un proxecto de renovación en Seixalbo e os 28.080 restantes servirán para reformar o camiño de Beiro de Abaixo a Regoalde.

Artigos relacionados

Back to top button