SanidadeÚltima hora

306 maiores de 80 anos, citados este venres no Hospital do Barco para ser vacinados

Publicidade

 

Os equipos de vacinación fronte ao Covid-19 da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras non só non paran a súa actividade durante as datas festivas da Semana Santa, senón que a intensifican co fin de avanzar na inmunización da poboación fronte ao virus, especialmente no caso dos maiores de 80 anos.

“A vacinación non vai parar estes días e contamos coa participación e colaboración dos profesionais de Atención Primaria e de enfermería tanto o xoves, como o venres, sábado e domingo de Semana Santa. Combinaremos centros de saúde con hospitais, tendo en conta o número de vacinas que nos facilitaron, o que fixemo foi poñer por cercanía para os maiores de 80 anos para facilitarlles o acceso da mellor forma posible. No distrito de Ourense van ser citados no complexo hospitalario, e no caso de Valdeorras no Hospital do Barco e en Verín no seu hospital. Tamén haberá vacinación nos centros de saúde como os do Carballiño, Ribadavia, Bande e Celanova”, explica Josefa Rodríguez Araújo, subdirectora de Enfermería de Atención Primaria e coordinadora de vacinación Covid.

En concreto este venres (tanto de mañá como de tarde) está citados uns 306 maiores de 80 anos para ser vacinados no Hospital Público de Valdeorras, no Barco, onde recibirán a dose de Moderna.

 

A subdirectora de Enfermaría de Primaria da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

 

Ademais están citados 300 maiores de 80 anos (pola mañá) no Centro de Saúde de Bande, 500 no Centro de Saúde de Ribadavia (mañá e tarde), e uns 950 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (mañá e tarde).

O cambio no ritmo é posible grazas á chegada de case 5.000 doses de Moderna, tal e como sinalan dende Sanidade. Polas características destes viais, a administración realizarase ademais de nos centros de saúde, como ven sendo habitual, tamén nos hospitais, tanto no de Ourense como nos comarcais de Verín e Valdeorras.

O obxectivo é que o vindeiro martes todos os maiores de 80 anos, salvo aqueles con problemas de mobilidade que se vacinarán a domicilio, teñan alomenos a primeira dose administrada.

 

Artigos relacionados

Back to top button