OurenseÚltima hora

315.000 euros para mellorar o saneamento e a depuración de Cerredelo (Sandiás)

Un convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de Sandiás posibilitará as actuacións

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e Felipe Traveso, alcalde de Sandiás, rubricaban hoxe un convenio de colaboración a través do que se mellorará o saneamento e a depuración do núcleo de Cerredelo, T.M. de Sandiás (Ourense)

Este acordo ten por obxecto determinar as condicións que rexerán a execución das obras e instalacións necesarias, a posta ao dispor dos terreos e o réxime da posterior entrega ao concello para o seu mantemento e conservación.

Actualmente o núcleo de Cerredelo conta con dúas fosas sépticas cuxa depuración é pouco eficiente e verte o efluente directamente ao leito; para evitalo, o proxecto contempla a eliminación das dúas fosas e a construción dunha nova EDAR que recolla a totalidade das augas residuais do núcleo, depurándoas adecuadamente antes de verterlas ao medio acuático, contribuíndo así á mellora da calidade das augas nunha comarca tan sensible como A Limia.

O investimento estimado superará os 315.000 euros, que serán sufragados polo Estado, a través da CHMS, nun 80% e o 20% restante pola administración local.

Artigos relacionados

Back to top button