CulturaCulturaÚltima hora

“32 m2”, o confinamento en clave de humor da man de ButacaZero, no Barco

Poderá verse no escenario do Teatro Lauro Olmo o venres 9 de abril ás 20h.

Publicidade
Unha das escenas de “32 m2” de ButacaZero./ Cedida.

 

ButacaZero traerá o vindeiro venres 9 de abril ás 20h. o seu novo espectáculo, “32 m2”, ao Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Esta compañía teatral, dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, propón, “a través dunha peza de teatro absurdo, unha viaxe cara un pasado recente á fin de provocar unha catarse colectiva ante un acontecemento que marcou, e marcará, a vida da sociedade: o encerro da pasada primavera”, tal e como eles mesmos explican.

Esta comedia está interpretada por Xurxo Cotázar e Nuria Gullón dirixidos por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira.

A función, que conta cunha banda sonora orixinal creada polo músico Rodrigo Cuevas, aposta por unha ollada singular, reflexiva e “sandadora” sobre o confinamento. “A través de elementos cómicos e tráxicos pon o foco sobre a convivencia habitual da sociedade coa precariedade e as desigualdades a través da mirada de Mar e Xan (Nuria Gullón e Xurxo Cortázar) unha parella que se considera antisistema e que habita con tranquilidade nun pequeno piso dunha superficie de 32 metros cadrados ata que, de súpeto, un día confinan a toda a poboación e o país se transforma nunha HiberNación”, indican dende ButacaZero.

 

 

“Xira confinada”

“32 m2” preséntase ao público galego a través dunha “Xira confinada”, unha serie de funcións que se desenvolverán até o 20 de xuño. A primeira parada desta semana será o 8 de abril (20h) no Teatro Municipal de Tui, logo poderá verse no Teatro Municipal Lauro Olmo, da localidade do Barco de Valdeorras e, de cara á fin de semana, o sábado 10, o Teatro Coliseo Noela de Noia. Logo continuará por diferentes localidades, entre elas a cidade de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button