DeportesGalerías de fotosÚltima hora

32 parellas compiten en Punxeiro (Viana do Bolo) no XVIII torneo de bolos celtas

O campionato celebrouse ao longo da xornada do sábado 18 de agosto

O legado de Luis Herrera, promotor do torneo de bolos por parellas de Punxeiro (Viana do Bolo), está asegurado. Así o demostra a boa acollida que ten ano tras ano chegando na pasada edición ao récord con 34 parellas e quedando nesta ás portas con 32 (catro delas femininas).

Foron as que ao longo da xornada do sábado 18 de agosto competiron nos tres campos cos que o Club de Bolos Punxeiro, organizador do evento, conta no pobo. Alí se reunían boleadores do noroeste peninsular: de Punxeiro e Froxais (Viana do Bolo); Buxán (O Bolo); Nigrán, Gondomar, Belesar, Baiona e Camos (Pontevedra); Xove (Lugo); Puente de Domingo Flórez (León), Asturias,… Xogadores entre os que había verdadeiros profesionais como Blanca Lago, do Club de Bolos Estivada de Baiona e campiona de España de Bolos Celtas en varias ocasións, que o ano pasado participaba por primeira vez no campionato de Punxeiro asegurando que volvería e así o fixo.

En Punxeiro, a xente que se reúne cada ano no torneo forma como unha gran familia (con xantar incluído) con xogadores que repiten ano tras ano aínda que nesta ocasión botouse en falta aos xogadores do Club de Bolo Baqueiro de Cangas del Narcea (Asturias) que no último momento informaron de que non podían asistir.

Con respecto á competición, ademais das masculinas tamén houbo unha feminina e outra infantil, nun cuarto campo preparado para os cativos que desfrutaron lanzando as bolas.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button