DeportesÚltima hora

O Club Ourense Baloncesto SAD e o Club Ciclista Maceda, premios do Deporte Galego

Ourense foi escenario o xoves 12 de maio da Gala dos Premios do Deporte Galego 2015, presidida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e na que a provincia foi recoñecida con dous clubes premiados: o Club Ourense Baloncesto SAD e o Club Ciclista Maceda.

O titular do goberno autonómico entregou a meirande parte dos galardóns e deulles as grazas aos premiados polo seu labor á hora de “construír unha marca de país baseada no esforzo e na capacidade de superación”.

Tamén estivo presente o máximo representante da Deputación da Provincia, Manuel Baltar, que destacou a “innovación e as potencialidades que fan de Ourense un referente para o deporte de elite e de base”.

O alcalde da cidade, Jesús Vázquez, foi o encargado de inaugurar a gala, que foi posteriormente clausurada con palabras de Feijóo e a actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, que interpretou o Himno Galego.

Relación de premiados nesta edición:

• Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: IES de Murgardos.

• Mención especial : Daniel Pérez Morales (ximnasia)

• Premio deportista revelación: Miguel Alvariño García (Tiro con arco)

• Premio á mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Ciclista Maceda.

• Premio ao mellor labor informativo: +Deporte/La Región.

• Premio ao mellor adestrador: Rafael Vázquez López (Bádminton)

• Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: ALCER Coruña.

• Premio deportista revelación: Adrián Ben Montenegro (Atletismo)

• Premio á mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio.

• Premio Galicia Saudable á entidade de cáracter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Arteixo.

• Premio ao mellor evento deportivo: Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantones de A Coruña

• Premio ao/á mellor árbitro/a-xuíz/a: María Bautista Maestre.

• Premio á mellor deportista feminina: Teresa Portela Rivas.

• Premio ao patrocinio deportivo: Abanca

• Premio ao mellor equipo de deportistas con discapacidade: Darlim Racing Chapela.

• Premio ao mellor equipo masculino: Club Ourense Baloncesto SAD.

• Premio ao mellor equipo feminino: Clube Balonmán Mecalia Atlético Guardés.

• Premio ao mellor deportista masculino con discapacidade: Martín de la Puente Riobó.

• Premio ao mellor deportista masculino: Francisco Javier Gómez Noya

Artigos relacionados

Back to top button