OurenseÚltima hora

34º aniversario do Estatuto de Autonomía para Galicia

A Deputación de Ourense entregou os premios do 2º concurso escolar organizado para conmemorar a efemérides
Entrega dos premiso do 2º concurso escolar sobre o Estatuto para Galicia.
Entrega dos premiso do 2º concurso escolar sobre o Estatuto para Galicia.

A Deputación de Ourense vén de conmemorar o 34º aniversario do Estatuto de Autonomía para Galicia nun acto celebrado no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” no que a institución provincial entregou os premios do 2º concurso escolar organizado para homenaxear a norma institucional básica galega.

O acto que tiña lugar na mañá do 6 de abril contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o subdelegado do goberno en Ourense, Roberto Castro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, entre outras autoridades. No turno de intervencións Manuel Baltar dixo que con este acto “en Ourense lembrámonos dos 34 anos da norma institucional básica de Galicia, e é bo facelo porque significa conmemorar 34 anos de autogoberno e desenvolvemento da nosa terra”.

O xurado desta segunda edición do Concurso escolar sobre o Estatuto de Autonomía para Galicia, concedeu premios a traballos de debuxo e redacción a alumnos de Educación Especial, Infantil, Primaria e Secundaria pertencentes aos colexios Sagrado Corazón (O Carballiño), Padre Feijóo-Zorelle (Ourense) e ao Centro Especial do Pino (Ourense). En Educación Especial, Infantil e Primaria os premiados foron Ezequiel Salazar Montoya, Juan Manuel Fernández Vázquez, Santiago Afonso Rodríguez, Claudia Méndez Fernández, Elena Dameá Fernández, Carlota Fernández Conde e Paula Gómez Valencia. En ensino Secundario os premiados foron Isabella Erlania Pereira da Silva, Marta Castro Soto e María Crespo Dacosta.

Artigos relacionados

Back to top button