A TeixeiraConcellosÚltima hora

35.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética do Museo do Viño da Teixeira e reparar a cuberta da Casa do Concello

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazábase esta mañá Á Teixeira para comprobar, en compañía do alcalde Miguel Antonio Cid, o remate das dúas actuacións que se desenvolveron para mellorar a eficiencia enerxética do edificio do Museo do Viño, e a reparación da cuberta da Casa do Concello, ás que a Xunta destinou case 35.000 euros.

Na Casa do Concello as obras consistiron na retirada da tella curva existente, así como dos canalóns, que se substituíron por tella mixta sobre restreles de madeira verticais e horizontais, que evitan as filtracións actuais de auga.

No Museo do Viño as actuacións que se desenvolveron atinxen ao cambio da carpintería exterior de alumino por outras de aluminio lacado con dobre acristalamento e persianas nas ventás de maior tamaño, co obxecto de mellorar a eficiencia enerxética o edificio. O acristalamento ten vidro de seguridade pola cara interior.

Artigos relacionados

Back to top button