ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

35 persoas no curro da Amosenda (serra de Cabeza Grande de Manzaneda) para celebrar o aniversario de Álvaro e os seus irmáns

Esta celebración tivo lugar o pasado domingo 28 de xullo, pero debido á grande cantidade de comida, prolóngase durante varios días

Álvaro é un pastor da serra de Cabeza Grande de Manzaneda, e cada ano convida a comer a máis de 30 persoas con motivo do seu aniversario e o dos seus irmáns, Malén e Manolo. O lugar non podía ser outro que Amosenda, entre os curros de Palleirós e Raigada.

 

Á esquerda Álvaro, o anfitrión, cun dos seus invitados.

 

Álvaro reserva un cabrito das súas 350 cabezas de gando para a ocasión de entre 11 e 12 kg, e cociñao el mesmo nas brasas. Pero aínda que este é o prato estrela da celebración, os invitados desfrutan de doces, bebidas, etc.; razón pola que sobra tanta cantidade que o aniversario prolóngase durante varios días.

“Pasámolo moi ben, desfrutamos moito desta comida”, explicaba o anfitrión. Non é para menos, xa que de comer nun lugar tan característico da serra de Cabeza de Manzaneda só poden presumir uns poucos.

Texto: Alba Prada.

Fotos: cedidas por Belén.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close