SanidadeÚltima hora

35 residencias de maiores da provincia, libres de coronavirus

Polo de agora realizáronse test a usuarios e traballadores de 62 centros, dos que xa se coñecen os resultados de 51

Realización de test o pasado 14 de abril na residencia de Manzaneda./ Foto cedida.

Das 62 residencias de maiores da provincia de Ourense onde se realizaron tests de detección de Covid-19 ao conxunto de residentes e traballadores, a día de hoxe xa se coñecen os resultados de 51, das que 35 resultaron libres ao 100% de contaxios, segundo confirma a Consellería de Sanidade.

As residencias con cero casos positivos no momento do cribado son as de: Alvetus, en Avión; Residencia Santa Marta, Ourense; Domusvi Pereiro; Santa Cruz, Santa Cruz de Arrabaldo; Residencia Ramirás; Santa María, Ourense; Dumusvi Barbadás; Residencias Los Olivos, A Peroxa; Residencia Natividad de Santa María, Vilamartín de Valdeorras; Domusvi Ourense; Residencia Os Pinos, A Rúa; Residencia Viana do Bolo; Residencia Los Milagros, Vilamartín de Valdeorras; Querqus, Leiro; Val de Monterrei, Monterrei; Nosa Sra. Do Socorro, Arnoia; Fogar de Santa María, Verín; Nuestra Señora de Fátima, A Rúa; Residencia de O Bolo; Residencia A Veiga; Domusvi Larouco; Residencia Esgos; Residencia Gabino García Fernández, Manzaneda; O Lecer dos Avoiños, Coles; Luces do Sil, Parada do Sil; Chandrexa de Queixa; Residencia da Terceira Idade de Trives; San Martiño de Luíntra; Porqueira; Nuestra Señora dos Miragres, Barbadás; Ntra. Sra. dos Anxos, Ribadavia; Virxe da Clamadoira, Muiños; Ntra. Sra. das Neves, Maceda; San Pedro, A Merca; e Ntra. Dra. De la Salud, A Peroxa.

As residencias visitadas, ata este intre, son algunhas das que contan co maior número de residentes, polo que agárdase poder concluír con esta iniciativa de prevención, este mesmo mes de abril, unha vez se recollan as mostras para a realización das probas de PCR, adianta a consellería.

Neste intre o total de residencias con actividade en Ourense, son 98, das 101 rexistradas en toda a provincia, xa que tres delas están pechadas na actualidade.

Para a realización desta proba diagnóstica (PCR) nun volume de poboación destas dimensións, 7.075 persoas, delas 4.475 residentes e e 2.600 traballadores, os equipos traballan tódolos días da semana en xornada de mañá e tarde. Ademais continúan realizándose as probas “precisas no conxunto da cidadanía, especialmente de persoal sanitario e pacientes ingresados, que agora compleméntanse co test rápido bibanda de anticorpos”, di Sanidade.

A PCR é unha proba que “presenta alto grao de complexidade, e necesita persoal adestrado e preparado para a súa realización, ademais dun equipamento específico, que non se pode improvisar pese a alta demanda actual polo que desde aquí a Dirección da Área Sanitaria desexa agradecer o importantísimo esforzo que o persoal do Laboratorio de Microbioloxía de Ourense esta a realizar estes días de xeito continuado”, sinala o Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button