OurenseÚltima hora

36 persoas con discapacidade participan no campamento específico da Residencia de Tempo Libre do Carballiño

Esta iniciativa traballou para lograr obxectivos educativos, sociais e artísticos co fin de que as persoas con discapacidade participen actividades de ocio adaptadas as súas necesidades

A Residencia de Tempo Libre do Carballiño acolle estes días a terceira e última quenda dos campamentos específicos para persoas con discapacidade que organiza a Xunta, a través da Consellería de Política Social.

O programa, xestionado pola empresa Marexada e dirixido polo educador e actor Xabi López, comezou a principios de xullo e rematará o vindeiro sábado, 14 de setembro. Nel participaron un total de 36 personas con discapacidade intelectual con idades comprendidas entre os 11 e 40 anos que, en cada quenda, estiveron atendidas por un equipo técnico multidisciplinar formado por educadores, terapeutas e profesionais das artes escénicas e do audiovisual.

O programa “Facendo Camiño” serviu coma ferramenta educativa e artística para favorecer a súa inclusión a través da realización de diversos obradoiros teatrais (expresión corporal, improvisación, atrezo…) e da rodaxe de diversas pezas audiovisuais musicais en diferentes formatos  (videoclip, lipdub, stop motion, flashmob…). Ademais completaron a súa estancia xogando e coñecendo os arredores do Carballiño e a súa estreita relación co Camiño, favorecendo así a súa inclusión plena na propia comunidade e cumprindo todos os obxectivos educativos, sociais e artísticos do programa. Segundo os seus monitores “esa é a base real do programa: facer camiño pola inclusión social a través das artes”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button