ColaboraciónsOpiniónPremio Literario M. Tremiñá

O gato con botas e o seu gran dó

Relato de Gervasio Moral Corzo, ganador do 3º premio no VIII Concurso Literario de Lingua Galega do Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuíños na categoría de 18 a 100 anos

Todo seguía igual no país de moi, moi afastado. Shrek, aínda que xa tiña volto o bosque para gozar da Ciénega, da súa muller e dos seus tres fillos, agora mesmo, encontrábase en Palacio axudando o rei Arturo nos asuntos de Estado.
Asno seguía facendo de papa-burro cos seus fillos, que cada día que pasaba por eles, se estaban a facer máis grandes e travesos.
Fiona facendo de mamá, e namorada ata as pestanas do seu home Shrek. De vez en cando os dous rifaban, pero de contado facían as paces e se daban uns bicos; que. pa que .
Falta falar do noso intrépido amigo, O Gato con Botas, ¡ Como no !; Facendo das súas no pobo de: Moi moi afastado. Non paraba de namorar e roubarlle bicos e corazóns a tódalas mociñas gatuñas. Estaba feito todo un Don Xoán gatusón. Pero pronto, moi pronto ao noso colega esperáballe una visita e unha viaxe inesperados.

A nosa historia da comezou un día de Primavera, pola maña cedo; era sábado, xa comezaba a saír o sol, e notábase que ia ser un deses días alegres e cheos de luz e cor. O noso amigo Gato estaba a roldar os tellados do pobo en busca algunha gatiña rubia ou quizás morena, a que ligar. De súpeto, tres gatos forasteiros urxiron coma quen di, da nada, e coas súas espadas desenvaiñadas foron a polo Gato con botas. Gato vindos vir, sacou tamén a súa espada e preparouse para a loita.

Os tres forasteiros, espadachíns como o que máis, deixaron chocar as súas espadas sobre o doce aceiro da espada de Gato, que era tan Boo espadachín coma eles, si non o mellor. Foi una loita sin tregua, nin cuartel, con golpes de espadas, golpes, arañazos e un senín de palabrotas, ditos por todos eles, que veño ben a non mencionar, pois máis que palabras e maullidos, das súas bocas saían insultos bárbaros e espantosos que queira Deus, que eu o narrador non os volva na miña mente a recordar.
Gato dáballas e desexabaseas na pelexa, pois ahunque era moi bó coa espada, eles eran tres. Loitaron sen cansazo, saltando tellados, himeneos e terrazas. Pero vendo que non podía con eles, decidiu poñer terra de por medio e como coñecía moi ben o térreno, decidiu darlles esquinado. Colleu carreilla Tellado abaixo, e abalanzouse rodando sobre o felino máis grande, e coma si de una tirada de bolos se tratara, fixo pleno, pois os outros viñan detrás e: (buuún) premio; logrou tombalos, o que lle permitiu un momento de respiro na pelexa, que moi astutamente utilizou para abrir o tragaluz do tellado onde estaban, e colarse dentro de unha casa. Era a casa de Xusepe, o barbeiro do pobo. Baixou as escaleiras de dous pisos deslizándose pola barandilla, en un abrir e cerrar de ollos, xa estaba no ráiano, meteuse na trameilla para gatos que estaba na porta de entrada, e xa fora, colouse polo alcantarillado do pobo, en dirección a Palacio. Por fin déralles esquinado.

Xa en Palacio, contóullelo sucedido os seus amigos Shrek e Asno.
– Gato isto éche moi estraño, pois en Moi moi Líxano, nunca tivemos problemas desta índole – dixo Shrek ( Os espadachíns eran Italianos). E é que ademais hoxe chegou a Palacio, unha carta para Tl procedente de Venecia.
– Isto todo che está ben empelado Gato, por andar de picos pardos. Seguro que lle ligaches a noiva a outro; así que ti só chas arregoas, eu paso.- dixo Asno.
Gato, moi nervioso abriu a carta, e púxose a ler en voz alta: “ Meu querido Gatusín, fai anos que non nos vemos, pero nunca te esquezerei, e creo que nunca o farei. E necesario que nos vexamos en Venecia de contado. O teu querido amor “ Priscila “.
Os tres amigos uns días mais tarde, e xa o oscurer estaban entrando no Gran Canal de Venecia en barco. A única luz que lles acompañaba era a da lúa, e a das farois de carburo, luces endebles e chispeantes. Dábanlle a cidade un toque de misterio e romanticismo únicos. O alba levantáronse e dirixíronse a Praza de San Marcos, en busca de Priscila.
– Teño fame.- dixo Asno.
– Pois aguántate.- dixo Shrek.
– Temos tempo, podemos ir comer algo o mercado, e así verei un pouco da cidade. – díxolles O Gato con Botas. Venecia era preciosa, coas súas calles empedradas; e os seus edificios erguidos sobre a auga. As calles eran canais cheos de auga. A xente paseábase en barcas, as cales aquí recibían o nome de góndolas. ( Dúas horas máis tarde …) xa estaban diante da catedral. Dentro estaba a Gata da carta. Era moi fermosa, de melena larga, de cor rubio. Era una gatiña Persa. Fixéronse as presentacións e ela puxos o corrinte de todo: – O meu amo o señor Bispo faleceu fai un mes, e deixoume toda súa herdanza. Pero para que pase o meu poder, teño que casarme e ter fillos. Si non o fago antes dun ano, a fortuna recaerá nas mans de Rubiales. –
– ¿ quén é ese Rubiales? – Preguntou Shrek.
– É o segundo gato da casa. Éche un gato ratoeiro, egoísta, vago, e ruín que busca quedarse con todo. E claro el supuxo que eu casaría contigo. Por iso mandou eses tres secuaces a por ti.
– Eu, eu, eu, voume pa miña casa, – dixo Asno – . que, os italianos pínchante coma si foses una salchicha, e teime dito que lles gusta a carne de asno a parrilla.
-Tranquilízate Asno,- díxolle Shrek, – si permanecemos xuntos, nada malo nos vai pasar. Ademais o noso colega necesítanos e non vamos a deixalo só. Xuntos ata o final.

Gato xa non o tiña tan claro. Estaba moi ledo de haber volto a Venecia a carón do seu grande amor; pero iso de que catro individuos desexasen velo baixo terra, xa non tiña tanta graza pero decidiu que tiña que dar a cara. Pediulle a Priscila que falara con Rubiales, e lle dese o recado que se baterían en duelo, alí mesmo na Praza San Marcos, a media noite. E como non se fiaban del, idearon un plan: Shrek e Asno agocharíanse preto da Plaza nalgún calello. Priscila subiríase o alto do campanario.
As doce en punto chegou a praza Rubiales. Era un gato alto, escuálido, e ia vestido de esmoquín, con paxariña incluída.
– Prego, vamos a lucharen canto antes, gato aldente – dixolle Rubiales.
– Huiii! O que me acaba de chamar o macarroni este. Veña que vas probar o frío aceiro da miña espada – dixolle Gato, moi enfadado.
– Anda si temos un gatiño peleoni, anque mas que gato pareches oso di peluche soni sombreiro e botas negras de estilo mandarín. – burlouse Rubiales mofándose del.

Desenvaiñaron e deu comezo a pelexa. Os dous eran bos manexando a espada. Gato recibiu clases dun mestre da esgrima en París. Rubiales como pertencía a clase social do alto clero, non lle resultara nada difícil pagar os mellores Mestres de Florencia, para que lle deran clases. E mentres estes dous espadaban os nosos dous amigos vixiaban as rúas que daban a praza. De súpeto , un silvado que proviña do alto do campanario chamoulle a atención. Era Priscila que lles estaba avisando dalgún perigo.¿Pero cál?. Polo calello do fondo, acercábanse cas espadas en alto os tres secuaces de Rubiales. Pero cortáronlle o paso. Asno soltoulle tal couce a un deles, que este, saíu despedido polo aire, ata cas súas costelas tropezaron ca roda dun carruaxe. Perdeu o coñecemento e xa non se levantou máis. Shrek fíxose cargo dos outros dous. Aproveitando a escuridade dende estaba, agárroos pola cabeza e levantados do chan díxolle: – ¿gústavos ver paxariños? – e fixo cas súas cacholas chocasen con forza. Xa non van dar tampouco máis a lata.
Mentres sucedía isto, nun extremo da praza, no outro, Gato e Rubiales seguían engarzados na disputa. Espadaban sen parar tirando sillas, mesas e todo o que se lles poñía polo medio… De súpeto Gato fixo un xiro en zigzag coa súa espada, e logrou ca de Rubiales caera o chan; e o mesmo tempo alargou o seu pé esquerdo, e o gato Veneciano caeu de costas as duras fosetas de mármore. Indefenso e ca punta da espada apertándolle a gorxa decatouse que chegara o seu fin. Estaba a sentir o frío aceiro, e bastaba un simple empuxón, e a punta atravesaríalle o pescozo igual que un cóitelo corta o queixo. Cerrou os ollos, suspirou e quedouse inmóbil, dándose por vencido. Pero escoitou un berro: …
– ¡ Nooo. Para !.¿ Non o fagas, por favor ¿.- Era a voz de Priscila, que viña correndo, acompañada de dous alguacís, que estaban o tanto de todo, e que tiñan visto todo desde o campanario. Gato enfundou a espada. Eles leváronse esposado a Rubiales e os seus secuaces o calabozo. ( Estaríanche un Boo tempo a sombra ). Shrek e Asno abrazábanse e brincaban de ledicia. Priscila e Gato miráronse, sorriron, e fundíronse nun bico a mar de apaisado. Todo rematara ben. Moi ben.
A maña seguinte Rubiales xa tiña confesado. O seu plan era liquidar a Gato, e obrigar a Priscila a casaren con el; para un tempo despois desfacerse dela. Así él, sería dono e señor de todo. Pero grazas os nosos Meus, o seu plan foise o traste.
Mais tarde, xa no porto e a intres de partir, o Gato con botas, dáballe una noticia. – Oe Meus, eu quedo en Venecia. Creo que xa vai sendo hora de que sente a cachola; e forme una familia. Shrek e Asno non dixeron nada. Abrazáronse, estreitaron as mans e desexáronse boa sorte.
Xa a bordo do barco, Asno di: – Ti sabes Shrek que é o que vou votar de menos?.
– Si, o noso meu.
– Non, o que sinto éche irme de Italia sen ter comido algunha das súas pizzas.
– Non te preocupes; cando cheguemos a casa , pedímoslle a Fiona que nos prepare unha “ made in la Ciénaga”.
-Mellor que sexan duas.
Asno; ¡ Non te pases!.
– Vale, unha. Pero que sexa moi grande………

Artigos relacionados

Back to top button