OurenseÚltima hora

38 librarías de Ourense adhírense á campaña de agasallos de libros a nenos

Os destinatarios da campaña, os nacidos dende 2003 , poderán facer as súa solicitude a partir do 23 de xuño

 

Un total de 38 librarías do concello de Ourense, inscribíronse este ano para participar na campaña “Un libro desconfina a túa imaxinación”, tres máis que na campaña do ano 2020.

Trátase dunha campaña en forma de subvencións en especie para adquisición de libros con destino a nenos e nenas nados no ano 2003 en adiante e empadroados no Concello de Ourense. Será un exemplar á súa escolla, por importe de até 20 euros -se supera esa cifra, a diferenza deberá ser achegada polo/a interesado/a- que poderán retirar nas librarías que se adhiran á campaña.

As adquisicións de libros realizaranse dende o 23 de xuño de 2021 ata o 14 de agosto de 2021. Para estes efectos, deberá realizar unha solicitude a través desta web habilitada ao efecto onde hai unha listaxe dos establecementos participantes na campaña -estes deberán presentar unha solicitude de participación perante o Concello de Ourense con data límite do 15 de xuño de 2021-. Unha vez cubertos os datos requiridos enviarémosche un código alfanumérico que deberás presentar, xunto co NIF, no establecemento.

O nome das librarías pode consultarse na web libros.concellodeourense.es.

Artigos relacionados

Back to top button