DeportesÚltima hora

3ª Campus de verán de tecnificación de fútbol, no Barco

O campamento contará coa colaboración de equipos e xogadores de toda España

3ºcampusfutbolOBarcopresentación6787

3º campusOBarcoantes6762

Entre o 23 e o 28 de xuño, O Barco acollerá o 3º campus de verán de tecnificación de fútbol organizado polo Centro de Deportes Barco.

A presentación tiña lugar o 12 de maio no salón multiusos do Barco, contando coa presenza do presidente do club barquense Daniel Ramos, o alcalde do Barco Alfredo García e tres desportistas de elite: Iván Iglesias (ex barcelonista), Juanele (ex internacional) e Raúl (ex xogador do Sporting).

Unha das novidades que presenta esta edición do campus que estará coordinado por Rubén García e Iván Guntiñas, é que terá dúas partes: unha técnico-deportiva e outra lúdica con excursións programadas ao parque acuático de Carracedelo e á Veiga.
O campamento está orientado a nenos de entre 5 e 16 anos e as inscricións poderán facerse ata o 20 de xuño.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil de xuño).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button