DeportesGalerías de fotosÚltima hora

4-1 no derbi da liga de veteranos F11 disputado na Rúa

O C.D. Rúa impúxose ao Barco no partido de volta xogado no campo do Aguillón

Hai moitos anos que C.D. Barco e C.D. Rúa non coinciden na liga de afeccionados, pero si o fan dende hai varias tempadas na de liga nacional de veteranos e a rivalidade deportiva entre os dous equipos valdeorreses segue intacta. Así o demostraron unha vez máis no derbi disputado na mañá do 15 de abril no campo rues do Aguillón.

Despois da derrota no partido de ida no Campiño de Viloira, os barquenses volvían perder, desta volta por 4 goles a 1. A primeira parte do encontro resolvíase do 2-1 no marcador e xa na segunda metade, os rueses sentenciaban o encontro.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button