En portadaSanidadeÚltima hora

4 ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras, 1 menos que onte

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

Tras dúas xornadas consecutivas subindo, os ingresos por Covid-19 no Hospital Público de Valdeorras baixan neste martes 3 de agosto. Segundo os datos feitos públicos esta mañá pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), o hospital do Barco rexistra 4 ingresos en planta por coronavirus, 1 menos que onte.

Tamén baixan as cifras no Hospital Universitario de Ourense con 25 ingresos en planta (catro menos que onte) e 5 en UCI (1 menos que onte). O Hospital de Verín pola contra sube ata os 6 en planta (un máis que onte). En total son 41 as persoas hospitalizadas por Covid na provincia de Ourense, 5 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button