SanidadeÚltima hora

4 novos falecementos na provincia de pacientes diagnosticados por coronavirus

O total de falecidos hoxe en Galicia ascende a 9

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense o incremento diario de falecementos de persoas que foran diagnosticadas por Covid en toda Galicia. Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade, na xornada deste luns 19 de outubro rexistrábanse un total de nove, tres deles na provincia de Ourense.

Trátase dun home de 62 anos que estaba ingresado no Hospital de Ourense e que procedía da residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar; dúas mulleres de 94 e 95 anos que faleceron na propia residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar; e dunha muller de 93 anos que faleceu na residencia Val de Monterrei.

Tamén falecían unha muller de 84 anos e un home de 68 que estaban ingresados no Hospital Universitario de Santiago; un home de 80 anos que estaba ingresado no de Vigo; unha muller de 73 anos que estaba ingresada no de Pontevedra; e un home que faleceu na residencia DomusVi de Oleiros (A Coruña).

Segundo indica Sanidade, todos os falecidos tiñan patoloxías previas.

 

Artigos relacionados

Back to top button