40 mascaradas tomarán Viana e Vilariño de Conso os días 13 e 14 de xaneiro

Vinte delas son diferentes Entroidos da provincia de Ourense, entre os que destacarán oito folións do oriente ourensán

Un dos folións de Viana do Bolo na anterior edición da Mascarada Ibérica en Viana./ Foto: A.R.

Os ritmos, rituais e cromatismo das festas de inverno peninsulares despregaranse durante os días 13 e 14 de xaneiro no oriente ourensán. As vilas de Viana do Bolo e Vilariño de Conso acollerán durante esa fin de semana a IV Mascarada Ibérica.

Nela participarán 40 tradicións de inverno de diferentes partes da península ibérica, das cales unhas vinte serán ourensás. Entre elas destacan os Entroidos propios da parte oriental da provincia co Fulión da Mourela p’acá (Manzaneda), o de Buxán (O Bolo), os Fulións Rurais de Viana do Bolo, o Fulión As Carrelas (Viana), o Fulión Alternativo (Viana), o Fulión do Cabo da Vila (Viana), a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso, o Fulión de Mormentelos (Vilariño de Conso) ou o Touro e o Xigante de Celavente (O Bolo).

 

Tres Caretos portugueses facendo das súas na praza Maior de Viana./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ademais participarán por vez primeira máscaras como As Madamitas de Entrimo ou os Vergalleiros de Sarreaus, entre outras figuras ben coñecidas do Entroido da provincia como os Cigarróns de Verín, os Felos de Maceda ou as Pantallas de Xinzo.

 

Boteiros de Vilariño de Conso, na pasada mascarada./ Foto: A.R.

Haberá asemade mascaradas doutras provincias galegas e de zonas próximas como Zamora, León, Asturias ou Portugal, así como de Cantabria e, por primeira vez, da provincia de Guadalajara.

 

Cartel de grupos participantes na vindeira edición da Mascarada Ibérica.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies