SanidadeSen categorizar

40 residentes MIR conclúen a súa formación en Ourense

O acto de clausura do curso académica tiña lugar o 20 de maio na cidade

mirpromoc

A Comisión de Docencia, equipo directivo, titores e profesionais da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín, e O Barco despedían o 20 de maio aos 40 residentes que este curso completaron a súa formación postgrao nos centros acreditados para docencia de Ourense. A partires de agora inician a súa carreira profesional.

Trinta e catro deles son médicos: 11 de Medicina Familiar e Comunitaria, 3 de Anestesioloxía e Reanimación, 2 de Pediatría e Áreas Específicas, 2 Radioloxía e Radiodiagnóstico e formáronse nas especialidades de Análises Clínicas, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Aparello Dixestivo, Nefroloxía, Pneumoloxía, Obstetricia e Xinecoloxía, Oftalmoloxía, Otorrinolaringoloxía, Psiquiatría, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo e Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.

Os seis restantes remataron súa formación postgrao nas especialidades de Enfermería Obstétrico-Xinecolóxica, Enfermería de Saúde Mental, dous, e un en Psicoloxía Clínica e Farmacia Hospitalaria.

O acto de clausura deste Curso Académico 2013-14 comezaba cunha conferencia de Alfonso Otero, doutor especialista en Nefroloxía, e xefe deste servizo no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). De seguido tivo lugar a entrega das acreditacións de especialista.

Asemade, neste mesmo acto entregáronse os premios a labor investigadora dos residentes durante a súa etapa de formación. Na especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria o “V Premio Ana López á mellor actividade investigadora”, iniciativa que leva o nome desta residente de medicina familiar, falecida en 2009, para lembrar a súa implicación nas labores docentes e a súa calidade humana e profesional. Asemade entregáronse os premios de investigación da Comisión de Docencia Hospitalaria.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button