OurenseÚltima hora

400 coches en exposición no 1º Car Outlet de Ourense

Expourense abre as súas portas a este salón de vehículos organizada por Acauto
Un momento da inauguración, esta mañá en Expourense.
Un momento da inauguración, esta mañá en Expourense.

Expourense abriu esta mañá, 20 de maio, as súas instalacións para acoller o 1º Car Outlet Ourense, unha exposición de vehículos organizada pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (Acauto) que busca ofrecer productos a prezos moi rebaixados. En total, preto de 400 coches que buscarán namorar a algún cliente a través de grandes descontos.

A inauguración estivo presidida polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que destacou que a cita é “unha aposta por un dos sectores máis dinámicos da provincia”. O rexedor estivo acompañado polo presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada, que remarcou a habilidade de Expourense para dinamizar o tecido empresarial da cidade. Presente estivo tamén o presidente de Acauto, Ramón Seijas, xunto con Enrique Romero en representación de Abanca, colaborador da feira.

Preto de 400 coches de 24 marcas, procedentes de 18 concesionarios. Esas son as cifras coas que arrinca esta primeira edición do Car Outlet Ourense, que, tal e como avanzaron fontes da oranización a esta Redacción, pretende completar a oferta de feiras de automobilismo que xa hai na cidade.

Os que desexen achegarse esta fin de semana a Ourense para visitar esta feira, atoparán dende vehículos kilómetro cero a segunda man, pasando por coches seminovos, ou de xerencia, de un a seis anos de anitgüidade.

O horario de apertura de hoxe, venres 20 de maio, prolongarase ata as 20:30h. Mañá, sábado 21, de 10:00 a 20:30h e o domingo 22, de 11:00 a 20:00h.

Artigos relacionados

Back to top button