OurenseÚltima hora

400 nadadoras disputarán en Ourense o VI campionato de España de natación artística

As probas, organizadas polo Club Sincro, desenvolveranse do 12 ao 15 de xullo na Piscina Rosario Dueñas
Presentación do campionato de natación artística, en Ourense.

Máis de 400 nadadoras daranse cita do 12 ao 15 de xullo na Piscina Rosario Dueñas de Ourense para disputar o VI campionato de España de verán de natación artística nas categorías alevín e júnior, un evento que “une deporte, promoción turística e desenvolvemento económico, situando estes días á provincia como referente dunha especialidade tan esixente como espectacular”, dixo o vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández,  na presentación, destacando o labor que desenvolve o Club Natación Sincro Ourense.

No campionato alevín participan os mellores clubs nacionais da categoría que conseguiron a súa clasificación para a proba de primeira vivisión “ao ter ocupado os mellores postos no campionato de inverno da especialidade”, explican dende o Club Sincro, engadindo que haberá competición de figuras individuais, sós, dúos, dúos mixtos, rutina libre combinada e rutina de equipo libre. Nesta categoría participarán 180 nadadoras de 16 clubs, entre eles o anfitrión, o Sincro Ourense.

Na categoría júnior participan 240 nadadoras de 28 clubs de toda España, nas modalidades de só libre, só técnico, dúo libre, dúo técnico, dúo mixto libre, dúo mixto técnico, rutina de equipo libre, rutina de equipo técnico e rutina libre combinada. O club ourensán participa coas súas 14 nadadoras júnior.

 

Cartel do campionato.

Artigos relacionados

Back to top button