En portadaÚltima hora

400 quilos de freba á grella para a festa de Petín

A XVII edición da xuntanza gastronómica celébrase hoxe 3 de decembro a partires das 21h.
Asistentes á pasada anterior edición da Festa da Freba. /Foto: Mónica G. Bellver.
Asistentes á pasada anterior edición da Festa da Freba. /Foto: Mónica G. Bellver.

Dende a carne (Carnicería Murias), o pan ou o postre (Panadería Querol), ata os camareiros, todo na Festa da Freba é natural de Petín. Quizais ese sexa o segredo do éxito desta xustanza gastronómica que, case dúas décadas despois do seu nacemento, mantense como unha cita de referencia no mes de decembro.

Fiel á súa orixe, a data mantense no primeiro sábado do último mes do ano coma sempre nas inmediacións da Casa da Cultura. Seguindo o mesmo formato, a XVII edición da festa gastronómica terá lugar a partires das nove da noite, na carpa instalada e acondicionada para a ocasión. Alí, coma sempre, reunirase unha das partes esenciais desta celebración, os voluntarios do pobo, identificados cos tradicionais suadoiros e mandís, que xa dende primeira hora da tarde reúnense para facer os preparativos.

 

Uns 400 quilos de freba asaranse mañá pola noite./ Foto: Mónica G. Bellver.
Uns 400 quilos de freba asaranse mañá pola noite./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un deses voluntarios que vemos cada ano a carón das brasas, preparando as frebas de porco, é Guzmán Murias, quen asegura que a súa empresa cárnica participa dende que empezou hai xa dezasete anos e para esta edición empregaranse uns 400 quilos de frebas e sobre 150 de chourizos (mil unidades) para as 500-600 persoas que esperan reunir.

A freba, asada á grella, é o prato forte da noite, pero non o único. O menú comeza cun consomé ben quentiño, seguido dun bo chourizo cocido e xa despois a freba, a fartar. De postre a tradicional ucheira elaborada pola panadería Querol que tamén se encarga do pan. Hai viño, tamén a esgalla, sen esquecer os licores.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button