DeportesGalerías de fotos

21 parellas, na carreira “OBarconamora”

A proba vén de cumprir a súa terceira edición

O paseo do Malecón do Barco convertíase na mañá do domingo 23 de marzo en punto de saída e meta da III Carreira por Parellas Obarconamora, promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) en colaboración coa delegación valdeorresa da Federación Galega de Atletismo. Unhas 21 parellas tomaban a saída na proba, que contou asemade cun apartado para os máis pequenos e no que participaron 76 nenos.

A cita estaba inicialmente prevista para o 16 de febreiro, pero finalmente debido ao mal tempo aprazouse para acabar celebrándose en marzo.

Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información nas páxinas de Deportes da vindeira edición do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button