EconomíaEconomíaÚltima hora

41ª edición do Festexo da Pataca de Vilar de Barrio

 

Máis de vinte produtores reuníanse na 41ª edición do Festexo da Pataca de Vilar de Barrio que este ano pon en valor “a pataca de secano”. Dende as 10h. no Toural amosaban as súas mellores patacas. Pero, ademais, había espazo dedicado a expositores de maquinaria agraria, concursos, degustacións e catas de viños. Nesta edición, como novidade, celebrouse un acto de hermanamento cos produtores de Coristanco que tamén apostan pola pataca de secano.

A xerente do Inorde, Emma González, visitaba esta mostra, na que o Inorde colabora a través dun stand propio no que exhibe as razas autóctonas (ovella galega, cabra galega e porco celta), así como co Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, co obxectivo de dar a coñecer entre os visitantes “o traballo que realiza este organismo a prol do sector primario, sobre todo, nunha comarca coma a da Limia na que a agricultura e a gandaría son eixos fundamentais do desenvolvemento económico e social da zona”, destacou Emma González.

 

 

No apartado de concursos había premios para a pataca máis grande, a pataca máis rara, para o conxunto de produtos de outono e para os produtos de outono individuais, e os interesados en participar debían presentar o seu produtos antes das 16.30 horas. Para os máis cativos, ademais de inchables gratuítos, organizouse un concurso de manualidades que premiaba con trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría (de 0 a 5 anos, de 6 a 9 anos, e de 10 a 12 anos), e agasallábase a todos os participantes que decidían presentarse ao certame.

 

Artigos relacionados

Back to top button