SanidadeÚltima hora

434 nenos de 12 e 13 anos, citados mañá no Hospital de Valdeorras para ser vacinados

Maña comeza en Gaicia a inmunización fronte ao Covid deste grupo de idade. Na provincia están convocados este luns 4.399 rapaces para recibir a súa primeira dose

 

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras mañá están citados 4.399 nenos e nenas que recibirán a súa primeira dose da vacina fronte ao Covid-19. “Galicia decidiu adiantar a vacinación deste grupo de idade para que os adolescentes estean inmunizados para o comezo do curso escolar”, sinala a Consellería de Sanidade.

Mañá luns 23 de agosto en Expourense están convocados 2.560 menores na quenda da mañá e outros 1.131 na quenda de tarde mentres que no Hospital Público de Valdeorras serán 434 os citados e no Hospital público de Verín outros 274 en ambos os casos na quenda da mañá.

Todos estes mozos, por ser menores de idade, deberán de acudir con consentimento informado asinado polo seu pai, nai ou titor, e só se vacinará a quen teña cumpridos os 12 anos, non os que vaian cumprir ao longo de 2021, xa que as vacinas non están prescritas para os menores desta idade. En todo caso ningún mozo desta idade vai quedar sen vacinar xa que se establecerá un sistema para incorporar ao proceso aos que vaian cumprindo os 12 anos.

As citacións, a través de SMS, estande a realizar desde o pasado venres ao número de teléfono asociado á tarxeta sanitaria e inclúse unha ligazón ao documento de consentimento para que os menores vaian con el xa asinado vacinarse.

Os mozos e mozas poderán entrar acompañados polo seu pai ou a nai e deberán entrar á hora indicada na mensaxe da citación presentando o código QR asociado. Deberán levar o consentimento informado debidamente asinado e no caso de que non puidesen descargalo o terán a súa disposición na entrada do recinto de vacinación.

 

 

O mércores e o xoves será a chamada para os adolescentes de 14 a 16 anos xunto ao resto de mozos e mozas de ata os 19 anos que están pendentes da súa primeira dose da vacina.

“Este adianto da vacinación débese a unha partida de doses de Moderna que ven de recibir a comunidade, polo que será esta vacina a que se administre o luns aos mozos de entre 12 a 14 anos, que terán que recibir unha segunda dose nuns 28 días e desa forma chegarase á semana de inicio do curso, do 13 ao 19 de setembro, coa pauta completa de todos estes mozos”, informa Sanidade.

O mércores e o xoves xa se seguirá vacinando nos tramos de idade previstos, de 14 a 16 anos, pero neste caso coas vacinas de Pfizer, para as que se establece unha segunda dose aos 21 días.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, cualificou este adianto da vacinación dos menores como un “fito importante” porque “vai garantir un inicio de curso máis seguro”.

Artigos relacionados

Back to top button