Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

44 km de andaina polas aldeas de Vilamartín contra o cancro de páncreas

 

Entre os participantes na III Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín estaban un grupo de Andaríns de Arcos, xunto con algún outro deportista de Valdeorras. Apostaban por facer unha longa ruta de ata 44 km de percorrindo pasando por todas as aldeas e barrios de Vilamartín.

O grupo, formado por oito persoas, partía de Arcos (Vilamartín) ás oito da mañá do sábado 21 de novembro e iniciaba un fermoso e esixente traxecto, cuns 2.000 metros de desnivel positivo, e cunha duración dunhas 10 horas. Finalizaba ás seis da tarde no mesmo de saída: Arcos.

 

 

“A experiencia resultou moi positiva, tanto é así que estamos pensando en repetila o ano que vén. De feito este ano había moita máis xente que quería facer este percorrido, pero tendo en conta a situación sanitaria, decidimos reducir ao máximo o grupo”, explican os participantes nesta iniciativa deportiva e solidaria.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button