OurenseÚltima hora

45 deportistas participarán esta fin de semana no campionato galego de halterofilia júnior, en Ourense

O sábado serán as probas galegas e o domingo a segunda fase da XXIX Copa Deputación
Un atleta en plena competición.

O anexo do pavillón municipal dos Remedios, en Ourense, acollerá esta fin de semana a celebración do campionato de Galicia júnior absoluto e da 2ª fase da XXIX Copa Deputación, na que se darán cita un total de 45 atletas chegados das catro provincias galegas.

O pistoletazo de saída será o sábado 14 de abril ás 9:30 horas co pesado dos participantes e para as 11 horas está previsto o inicio da proba feminina, que contará coa presenza de 13 atletas. A partires das 12:30 horas abrirase a competición para os halteras inscritos nas categorías de máis de 56, 62 e 69 quilos, un total de 15 atletas. Ás 13:30 horas terá lugar a pesaxe do resto do competidores. As probas volverán poñerse en marcha ás 16 horas coa intervención dos halteras inscritos nas categorías de máis de 77 e 94 quilos (14) e dende as 17:30 horas será o turno para os atletas nas categorías de máis de 85 e 105 quilos (13).

O domingo as instalacións municipais acollerán a segunda fase da XXIX Copa Deputación de Ourense, que reúne aos mellores atletas da provincia.

Artigos relacionados

Back to top button