EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

48.000 euros para mellorar a seguridade viaria da rúa Carril, en Larouco

Rehabilitarase o firme ao longo dos case 200 metros desta rúa paralela á estrada OU-636

O concello de Larouco recibía na mañá do 22 de abril a visita da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para asinar un convenio de colaboración coa Administración local para mellorar a seguridade viaria da rúa Carril.

Cun investimento de 48.000 euros, o obxectivo desta colaboración rubricada pola xefa do departamento de Infraestruturas da Xunta e o alcalde de Larouco Joaquín Bautista Prieto, é executar os traballos de rehabilitación do firme ao longo dos case 200 metros desta rúa paralela á estrada autonómica OU-636, o que incidirá “directamente na mellora da accesibilidade e da seguridade viaria de peóns e condutores”, afirman dende a consellería.

 

A conselleira de Infraestruturas á chegada a Larouco.

 

As tarefas a executar no marco deste convenio inclúen a instalación do sistema de recollida de augas pluviais na parte da rúa que carece da mesma, co obxectivo de “evitar inundacións da calzada”.

Mediante este convenio Infraestruturas “comprométese a financiar as obras de mellora, e o Concello de Larouco asume a obriga de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras, así como á contratación, execución, dirección, control e recepción das obras”, conclúen dende a Xunta.

 

Ethel Vázquez e o alcalde de Larouco Joaquín B. Prieto, asinando o convenio.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button