EconomíaEconomíaÚltima hora

48 establecementos comerciais e hostaleiros participan mañá no “shopping day” organizado polo CCA

Haberá un premio de 1.000 euros en vales de compra, degustación de pinchos e importantes descontos
Cartel do “Shopping day”.

Corenta e oito establecementos comerciais e hostaleiros participarán este sábado, 9 de xuño, no Shopping Day (Día de Compras), que organiza o Centro Comercial Aberto do Carballiño. En concreto, son 35 comercios dos sectores de moda infantil, home e muller, e moda íntima; deportes, zapatería, librería, xoiería, floristería, decoración e óptica, que ofertarán descontos en produtos de tempada, e entregarán unas papeletas polas compras que se realicen para poder degustar pinchos ou un café nalgún dos 13 establecementos de hostalería incluídos nesta iniciativa, así como para participar no sorteo dun premio de 1.000 euros en vales de compra ou pases para os xogos inflables infantís.

Será unha xornada festiva que contará con animación musical, de patinaxe e danza en rúas e prazas, e incluso coa presencia de modelos que percorrerán os establecementos participantes.

A inauguración terá lugar ás 10:30 horas nunha carpa que se instalará na praza Maior, e a continuación terá lugar un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Tres Galeguiños. Ademais, durante todo o día, dependendo das condicións meteorolóxicas, haberá exhibicións de patinaxe a cargo dos clubs Aehde e Fénix; de ballet, funky, zumba e bailes latinos a cargo da Escola Municipal de Danza; zancudos, así como de danza oriental a cargo da escola Enka. Tamén haberá DJs e un concerto do grupo Soul And Roll, a partir das 19,30 h., na Praza Maior.

Todos os establecementos participantes nesta iniciativa terán unha decoración chamativa nas fachadas con alfombras vermellas e globos de cores.

Artigos relacionados

Back to top button