DeportesÚltima hora

4º posto para un membro do Peña Trevinca Barco na liga española de orientación

O júnior Eros Mata Rodríguez competía na distancia longa
Eros Mata nunha proba de orientación.
Eros Mata nunha proba de orientación.

Dous representantes do Club Peña Trevinca O Barco participaban na 12ª e última proba de orientación a pé da Liga Española celebrada en Sevilla: Eros Mata Rodríguez e José Luis Mata Núñez.

O xove Eros, conseguía o 4º posto na categoría H/M-18A (M-Júnior) da carreira de distancia longa disputada na mañá do 15 de novembro, empregando un tempo de 48:33. Jose Luis pola súa banda, acadaba o posto 20º entre máis dun cento de participantes na categoría H/M-45 (M-Veterano) da carreira sprint.

Artigos relacionados

Back to top button