5 novos talentos tocarán con Carlos Núñez no seu concerto en Galicia

Nesa actuación decidirase o músico que acompañará ao gaiteiro na xira por EE.UU.
O gaiteiro Carlos Núñez. /Foto: Javier Salas.

O gaiteiro Carlos Núñez. /Foto: Javier Salas.

Dous xoves violinistas, un saxofonista, un acordeonista e un gaiteiro foron seleccionados para a fase final da “bolsa de excelencia artística” que a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) desenvolve en colaboración con ABANCA Obra Social e Carlos Núñez.

Segundo explican dende Afundación, “a promoción da arte, en calquera das súas manifestacións, e o interese por apoiar os novos valores culturais de Galicia conduciron a crear unha sinerxía para buscar unha persoa bolseira, seleccionada polo músico vigués e a súa banda, para acompañalos na súa xira de febreiro e marzo de 2015 por Estados Unidos, que terminará en Washington o día de Saint Patrick”.

Así, Antía Ameixairas Cundins, violinista de Laxe; Andrés Penabad Cebreiro, acordeonista das Pontes de García Rodríguez; Adrián Piñeiro Aspres, saxofonista orixinario de Sanxenxo; Cibrán Seixo Pazos, violinista de Cuntis; e o gaiteiro vigués Lois Prado Fernández acompañarán a Carlos Núñez e a banda no seu seguinte concerto en Galicia, onde se decidirá definitivamente quen participará con eles na xira estadounidense.

“Saxofón, acordeón, frauta traveseira, piano, clarinete, violín, guitarra ou arpa son algúns dos instrumentos con que se presentaron os distintos músicos, aínda que a gaita é a que reuniu máis candidaturas, 13 en total” explican dende Afundación, engadindo que “no proceso de selección competiron tamén dúas persoas que se dedican ao canto lírico e outra que suma a danza ás súas habilidades coa percusión e a voz”.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies