EconomíaEconomíaÚltima hora

50.000 euros para a restauración do muíño de aceite nas Ermitas (O Bolo)

A reforma enmárcase nun convenio de colaboración entre o Agader e o Concello

Despois de anos de espera, a restauración do muíño de aceite, un dos tres que se conservan nas Ermitas (Concello de O Bolo), xa é unha realidade.

Na mañá do 28 de decembro, o director xeral do Agader, Miguel Pérez Dubois e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira supervisaron a reforma que se está levando a cabo no muíño que data do século XIX, no marco dun convenio de colaboración asinado entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de O Bolo que preside Manuel Corzo.

Os traballos céntranse en aspectos como a rehabilitación completa dos muros de cantería do muíño, a restauración de portas e ventás con reposición de vidros e ferraxes, así como dos canais da estrutura de moenda e da maquinaria de elaboración da pasta de oliva. Para a súa execución dispúxose dun orzamento de 50.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button