OurenseÚltima hora

50 composteiros novos repartiranse por Allariz

O Concello, con ADEGA, reparte nestes días a través do programa RE novos composteiros individuais

 

Veciños de Allariz co seu novo composteiro individual.

 

Con motivo de que cada día son máis as vivendas que fan uso do composteiros individuais nas súas hortas, o Concello de Allariz en colaboración coa Asociación ADEGA, para a defensa ecolóxica de Galiza, reparte nestes días a través do programa RE, 50 novos composteiros individuais por toda a vila.

Con este novo reparto, sumanse máis de 400 composteiros individuais en Allariz, o que supón un aumento na recollida de lixo e separación de materia orgánica. Os técnicos municipais en colaboración con ADEGA realizan tanto a distribución como a instalación e formación ás familias que así o solicitan, que dispoñen de horta e queren tratar, mediante compostaxe, os seus residuos orgánicos domésticos así como os restos vexetais da horta ou xardín. O teléfono de contacto para aquelas familias que desexen solicitar un composteiro é o 988 440 001.

Con esta iniciativa , o programa RE, informa da importancia da compostaxe no fogar tanto por cuestións medioambientais como económicas, xa que coa compostaxe redúcense os kilos de emisión de CO2 á atmosfera ao ano e ademais evítanse aos concellos os gastos de recollida e transporte do lixo orgánico.

Artigos relacionados

Back to top button