OurenseÚltima hora

50 locais participan no concurso de pinchos “Sabores de Ourense”

A cita gastronómica desenvolverase do 15 ao 30 de novembro na cidade das Burgas
Un pincho.
Un pincho.

A Concellaría de Turismo do Concello de Ourense e a Unión de Hostaleiros de Ourense veñen de presentar a VII edición do concurso de pinchos “Sabores de Ourense” na súa versión de outono, que terá lugar do 15 ao 30 de novembro coa participación de 50 locais.

“Variedade, calidade, e dinamización da nosa hostalaría coa posibilidade de gañar diversos premios entre os que se animen a votar polos seus pratos favoritos, son os ingredientes básicos deste concurso”, dicía Mónica Vázquez na presentación. Pero o concurso trae novidades. sobre a base dos cogomelos ou as castañas, presentes obrigatoriamente en tódalas propostas, os pinchos non poden sobrepasar o máximo de 2,5 euros, haberáos sen gluten, especiais para celíacos, e, como novidade máis salientable, estarán os elaborados con produtos locais grazas ao programa Come Ourense, “un proxecto transversal que nace da complicidade dos produtores locais”, en palabras da concelleira Susana Bayo.

Como xa vén sendo habitual, o “Sabores de Ourense” tamén trae menús de outono, propostas gastronómicas máis elaboradas. Neste sentido, foi o secretario da Unión de Hostaleiros quen garantiu “o respaldo dos hostaleiros da cidade nunha edición que será a continuación da que vén e das que veñan”.

Artigos relacionados

Back to top button