OurenseÚltima hora

500.000 euros para a reparación da Ponte do Milenio

Ethel Vázquez e Jesús Vázquez asinaron o convenio polo que a Xunta executará os traballos e o Concello de Ourense asumirá a titularidade da infraestrutura
Ethel V‡zquez e o alcalde de Ourense, Jesœs V‡zquez, asinar‡n o convenio de colaboraci—n para a reparaci—n da ponte do Milenio.
Ethel V‡zquez e o alcalde de Ourense, Jesœs V‡zquez, asinar‡n o convenio de colaboraci—n para a reparaci—n da ponte do Milenio.

Nos vindeiros días abrirase o concurso público para a execución das obras de reparación da Ponte do Milenio, en Ourense, por algo máis de 500.000 euros. Así o avanzou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na reunión mantida co alcalde da cidade, Jesús Vázquez, na tarde do 21 de decembro en Santiago, onde asinaron o acordo de colaboración polo que o Goberno galego executará estas obras e o Concello asumirá, posteriormente, a titularidade da infraestrutura.

Na xuntanza, Ethel Vázquez lembrou que esta infraestrutura “é estratéxica para Ourense”, posto que permite atravesar o río Miño e comunicar ámbalas dúas marxes da cidade.

As obras a realizar pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) consistirán na inxección das fendas que teñen unha excesiva abertura, limpeza de corrosión e protección anticorrosiva dos elementos de aceiro do viaduto e revestimento dos pilonos cunha pintura acrílica impermeable, que impida a penetración de auga. Ademais, executarase a impermeabilización completa da cara superior do taboleiro, para eliminar humidades e filtracións ao seu interior, incluso substituíndo a capa de rodadura.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button