DeportesÚltima hora

500 deportistas participarán no IV Trail Ribeira Sacra que se celebrará o 13 de outubro

A proba contará con dous percorridos, un de 24 e outro 47 quilómetros

Presentación do IV Trail Ribeira Sacra no Pazo dos Deportes.

 

Un total de 500 deportistas de 13 comunidades autónomas e de Portugal participarán o vindeiro 13 de outubro no IV Trail Ribeira Sacra, unha proba cronometrada e competitiva das máis atractivas do calendario deste deporte, que se disputa no corazón da Ribeira Sacra, no Concello de Nogueira de Ramuín, “unindo patrimonio histórico, natureza e deporte nunha excelente maridaxe”, explicou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, na presentación do evento, que tiña lugar hoxe no Pazo Provincial. Neste sentido, o alcalde de Nogueira salientou “a importancia da colaboración público-privada, que contribúe ao éxito desta proba” e agradeceu o traballo que desenvolven os voluntarios “cooperando para que o evento siga crecendo ano a ano en calidade e excelencia”.

A proba contará con dous percorridos. Ás 8 horas comezará a carreira de 47 quilómetros e ás 10 horas a de 24 quilómetros e ao seu remate, a partir das 14 horas, terá lugar a entrega de premios e unha degustación de produtos típicos. Previamente, o sábado 12 de outubro, celebrarase no mosteiro de Santo Estevo unha xornada na que terá lugar unha charla-coloquio sobre “Pasado, presente e futuro do trail” e, de seguido, a charla técnica da proba.

Artigos relacionados

Back to top button