EconomíaEconomíaÚltima hora

51 establecementos participarán na XI edición do concurso de pinchos Sabores de Ourense

As propostas, elaboradas a base de castañas e cogomelos, terán un prezo máximo de 2,50 euros
Presentación do concurso de pinchos Sabores de Ourense.

No marco dos Magostos, festa declarada de interese turístico de Galicia, Ourense celebra do 5 ao 18 de novembro a XI edición do concurso Sabores de Ourense. Organizado polo Concello e a Unión de Hosteleros Ourensanos (UHO), participarán 51 locais con propostas elaboradas a base de castañas e cogomelos e cun prezo máximo, como en anteriores edicións, de 2,50 euros.

A grande novidade desta edición do Sabores de Ourense son as actividades paralelas ao redor dos pinchos. Javier Outomuro, xerente da UHO, adiantou na presentación que haberá saídas ao monte en busca de cogomelos da man da Asociación Micolóxica Os Cogordos, unha clase maxistral de cociña de cociña con castañas da man do chef Sergio Azagra Cruces, e unha segunda a cargo dos chefs gañadores nas categorías de xurado profesional e do público.

Con respecto ao concurso, a organización establece un palmarés de ata 8 galardóns aos que poden optar os establecementos participantes: 3 elixidos por un xurado profesional, 4 elixidos polo propio público, un galardón especial ao mellor petisco sen glute, que outorga a delegación ourensá da Asociación de Celíacos de Galicia.

As votacións ao mellor pincho desta edición 2018 dos Sabores de Ourense poden realizarse a través das urnas distribuídas entre os establecementos participantes. Os establecementos que máis votos reciban, unha vez feito o reconto, faranse con algúns dos 3 premios do público. Para votar, cada persoa debe solicitar un ticket de votación e selalo por cada petisco que tome, xa que son necesario 3 selos para que estas papeletas de votación sexan válidas. Cada unha destas papeletas entrará nun sorteo de diferentes agasallos ofrecidos polos patrocinadores, e que inclúen estoxos de viño, lotes de produtos delicatessen, vales de compra e mesmo unha estancia para dúas persoas nos balnearios do grupo Caldaria na provincia.

Toda a información sobre os locais, os seus pinchos, os premios ou a forma de participar, pode consultarse na web saboresdeourense.turismodeourense.gal

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close